viernes, 22 de mayo de 2015

Pechamos a campaña electoral no Pub Underground

Esta noite, a candidatura de Esquerda Undia porá fin á campaña electoral cunha festa a partir das 21.30 horas no pub Underground.
Agardámosvos

lunes, 18 de mayo de 2015

Charla-Coloquio de Esquerda Unida - Son na Rúa Pratería

Este mércores 20.30 horas a candidatura de Esquerda Unida - Son achegarase á Rúa Pratería para escoitar e charlar cos veciños e veciñas.
Presentaremos as propostas do noso programa de goberno e recolleremos as impresións e aportacións dos presentes.

domingo, 17 de mayo de 2015

Xa se pode ver o Debate de Candidatos de Canal Rías Baixas

Esta vez o candidato do Partido Popular, Miguel Ángel Pérez; e do Partido Galeguista Demócrata, Alfredo Bea, decidíronse a participaron nun debate co resto de forzas políticas que se presentas ás Eleccións Locais do vindeiro 24 de maio. Foi en Canal Rías Baixas, onde non tiñan que enfrontarse nin mirarlle á cara aos veciños e veciñas do Grove.

Primeira Parte

Segunda parte

Terceira parte

sábado, 16 de mayo de 2015

A Candidatura de EU-Son charlará cos veciños de San Vicente o luns 18

O Lúns 18, ás 21.00 horas, Esquerda Unida - Son achegarase á Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder, en San Vicente, para charlar cos veciños e veciñas.

“O voto realmente útil no Grove é á candidatura de Esquerda Unida” vía Todogrove

“Non podemos permitir que o Partido Popular, o Partido Galeguista e Alternativa Meca, que presentaron un PXOM feito as costas dos veciños e en contra dos seus intereses, gobernen”. Afirmábao Xan Lamelas, candidato de Esquerda Unida á Alcaldía do Grove, no mitin central de campaña realizado por esta formación este venres á noite na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey. Arredor de setenta persoas se congregaron para escoitar as bases do completo programa de goberno co que a agrupación esquerdista concorre ás vindeiras eleccións municipais. Unha proposta realizada coas aportacións de veciños e colectivos que EU se compromete a poñer na práctica se chega ao goberno.

“Se algo temos que agradecerlle a este goberno é que foi quen de unir ao pobo do Grove en defensa dos seus intereses e de facer que os veciños se deran conta do poder que teñen nas súas mans”. Afirmábao Lamelas, que durante o seu discurso fixo un exercicio de historia para lembrar que Esquerda Unida leva a reclamar un PXOM para O Grove dende o ano 1979 (daquela a través do Partido Comunista). “E hai que lembrar que se agora nos presentaron este PXOM foi tamén porque sucesivos gobernos non cumpriron coa súa obriga de dotar a este pobo dun elemento necesario e básico para o seu desenvolvemento”, aseverou o número un da lista de EU. Lamelas compromete un plan xeral de ordenación urbanística elaborado sobre os eixos da información, a participación e a transparencia. “Hai que explicar aos veciños cal é a situación das súas propiedades e cales son as figuras urbanísticas que se lles poden aplicar”; e afrontar os traballos de redacción do plan da man dos interesados. “A confianza debe ser a base da política”, afirma o candidato de EU....


ver intervención de Xan Lamelas, candidato á Alcaldía do Grove; e de José Antonio Otero, número 2 da candidatura de EU-Son; no Mintin Central.

lunes, 11 de mayo de 2015

EU-Son realizará o seu Mítin Central o venres 15 na Casa da Cultura

O vindeiro venres 15, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, terá lugar o MITIN CENTRAL de Esquerda Unida - Son.
Intervirán varios membros da candidatura así como o candidato á Alcaldía, Juan Lamelas Alfonso.


EU-Son presenta a candidatura e o programa de goberno na Praza de Arriba

O pasado sábado ao mediodía, a candidatura de Esquerda Unida - Son achegouse á Praza de Arriba para presentar aos 20 membros da candidatura e o Programa de Goberno que a formación usará como guía de traballo no vindeiro mandato. 

No acto interviron Gonzalo Bea, número seis na cadidatura; Ana Viso, número cinco; David Gondar, como número catro; Sonia Gondar, que ocupa o terceiro posto; José A. Otero, segundo; e Xan Lamela, candidato á Alcaldía pola formación esquerdista.

Tras expoñer diferentes puntos dun extenso documento, que temén conta coa rendición de contas e o código ético, os asistentes puideron formular preguntas ao candidato. 




Ver vídeo completo da presentación