martes, 21 de abril de 2015

EU-Son presenta unha candidatura comprometida e decidida a traballar polo Grove

Esquerda Unida-Son presenta unha candidatura con xente nova, ambiciosa, preparada, comprometida e decidida a traballar en prol dos intereses veciñais.


Tras dar a coñecer aos cinco primeiros membros da candidatura hai unhas semanas, Esquerda Unida O Grove presenta a lista completa coa que concorrerán as vindeiras eleccións locais do 24 de maio baixo o nome de ESQUERDA UNIDA-SON.

Neste novo proceso electoral Esquerda Unida apostou por unha candidatura renovada, integrada por nove mulleres e na que a metade dos integrantes son independentes, aínda que ligados dunha ou outra maneira á organización esquerdista. Unha lista que conta con moita xuventude, o 75% da mesma non superar os 40 anos, ambiciosa, ilusionada, preparada, comprometida e decidida a traballar en prol dos veciños e veciñas do Grove. Unha mestura de xuventude e veteranía, con experiencia en diferentes eidos como o turismo, cultura, xuventude, educación, sanidade, deporte, emprego, medio ambiente...

Unha aposta forte por acadar o maior número de apoios para lograr gobernar, no que a premisa non sexan promesas de obras inservibles e innecesarias nestes tempos de crise, apostando por demandas reais dos veciños (centro de día, novo centro de saúde e arranxo dos centros educativos), servizos primordiais e para o que nalgún dos casos o concello xa conta con partida orzamentaria. Poñer fin ao clientelismo e o caciquismo destes catro anos de  goberno tripartito, no que as contratacións a dedo estiveron ao orde do día; rematar co abandono continuo ao que teñen sometido a diferentes barrios e rúa, aos que lles dan solucións só en época electoral; abrir o concello aos veciños e veciñas a través da participación e a transparencia son as pautas primordiais deste grupo que encabeza Juan Lamelas Alfonso. A candidatura foi configurada acorde ao decidido na última asemblea, na que se presentou aos cinco primeiros candidatos, onde se apostaba pola xuventude, reservando os postos de suplencia para os veteranos. Uns postos que encabeza o anterior candidato José Antonio Taboada Magdalena ao que a agrupación lle agradece o compromiso co partido dende sempre.

CANDIDATURA ESQUERDA UNIDA-SON


1-     JUAN LAMELAS ALFONSO (O Grove, 33 anos).
Empregado da Hostalería. Coordinador local de Esquerda Unida e membro do Comité Comarcal. Actual concelleiro de EU na corporación grovense. Encabezou a candidatura de EU no 2007, resultando concelleiro electo e formando parte do goberno. Ostentou as concellerías de Formación e Emprego, Perosal e Xuventude. Vinculado ao Partido Comunista participa en diferentes loitas sociais dende que iniciou a súa militancia no movemento estudiantil.

2-     JOSE ANTONIO OTERO GONZÁLEZ (O Grove, 35 anos).
Técnico de Electrónica de Consumo. Participa en Esquerda Unida dende o ano 99. Colabora e participa activamente en diferentes colectivos sociais, culturais, deportivos e educativos. Membro da directiva dun club deportivo e dunha ANPA.

3-     SONIA GONDAR GONDAR (O Grove, 31 anos).
Socióloga e investigadora. Conta con un Máster en Migracións Internacionais con especialización en Políticas Migratorias e outro Máster en Mediación Intercultural. Doutoranda en socioloxía pola UNED. Traballou en diferentes organizacións sociais; Asociación de Empresarios de Hostalería do Grove, Federación Provincial de Comercio, Hostalería, Turismo e Xogo de UGT Coruña, Fundación Ronsel e Rede Europeia Anti-Pobreza do Distrito de Viseu en Portugal.

4-     DAVID GONDAR PRIETO (O Grove, 31 anos).
Empregado da Hostalería dende hai quince anos, ostentando cargos de responsabilidade; metre de hotel ou xefe de restauración. Ligado a movementos sociais e culturais. Membro do Comité Comarcal de EU.

5-     ANA ISABEL VISO VAZQUEZ (Ourense, 60 anos).
Residente no Grove dende 1971. Ama de casa, desenvolve a súa afección á pintura dentro da asociación Artegrove da que é secretaria. Dedicouse ao pequeno comercio durante trinta anos. Membro do Comité Comarcal de EU.

6-     GONZALO BEA MONTENEGRO (O Grove, 35 anos).
Empregado da Hostalería, desempeñando a labor en diversos hoteis de catro estrelas e chegando a ser segundo xefe de recepción. Participou en varias ocasión no Comité de Empresa. Rexentou un negocio de copas en Barcelona. Responsable local de Organización e membro do Comité Comarcal de EU.

7-     PATRICIA VILAR PEREZ (Ourense, 39 anos).
Mestra de castelán para estranxeiros nunha academia local. Imparte clases de apoio en Matemáticas e Física e Química. Cursou estudos de Física, Meteoroloxía e Medio Ambiente.

8-     EDUARDO GARCIA IGLESIAS (O Grove, 34 anos).
Diplomado en enfermería pola Universidade de Vigo. Empregado estatutario a tempo parcial no SERGAS. Membro do Comité Comarcal de EU.

9-     ANA CRISTINA DOMINGUEZ DOMINGUEZ (O Grove, 34 anos).
Empregada de Perruqueira. Membro da directiva dunha ANPA.

10-   RICARDO ALVAREZ OTERO (O Grove, 41 anos).
Empregado da conserva. Presidente do Comité de Empresa. Secretario de Organización da Unión Comarcal de CCOO.

11-   MARIA DEL CARMEN GONDAR TORRES (O Grove, 63 anos).
Xubilada. Membro da executiva de Pensionistas e Xubilados de CCOO da Comarca de Arousa. Representante dos Pensionistas e Xubilados de CCOO no Consello Local da Muller no Concello do Grove.

12-   MARTIN PROL CAMBADOS (O Grove, 31 anos).
Empregado da conserva. Conta con un curso de Ciencias Políticas pola UNED. Forma parte dun colectivo deportivo.

13-   JUDIT TRIÑANES LOIS (O Grove, 35 anos).
Empregada da conserva e a hostalería.

14-   FELIX LORES GARCIA (O Grove, 33 anos).
Licenciado en Psicoloxía con un Máster en Psicoxerontoloxía. Xunto cuns amigos, rexenta un restaurante dunha casa rural, no que desenrola as funcións de cociñeiro,  ante as dificultades para traballar no seu campo.

15-   MARUXA SOUTULLO PEREZ (O Grove, 33 anos).
Autónoma, rexenta un pequeno negocio hostaleiro familiar no que traballou dende moi nova.

16-   FRANCISCO MIGUEZ GUILLAN (O Grove, 42 anos).
Empregado da conserva. Membro do Comité de Empresa por CCOO. Forma parte varios colectivos musicais e deportivos.

17-    AMELIA SOUTULLO FIGUEIRO (O Grove, 40 anos).
Técnica Superior en Dietética.

18-   JOSE ANTONIO TABADA MAGDALENA (O Grove, 61 anos).
Xubilado, traballou no Casino La Toja, formando parte do comité de empresa por CCOO. Presentouse como candidato á Alcaldía en 1999 e 2011, resultando concelleiro electo na última ocasión. Renunciou á acta a finais do 2012 entrando a formar parte da corporación Juan Lamelas. Tamén foi concelleiro no mandato 2003-2007 substituíndo a Xan Caneda.

19-   ELVIRA VARELA GONDAR (O Grove, 70 anos).


20-   CARMELO ANTONIO IGLESIAS ALLO (O Grove, 63 anos).

No hay comentarios:

Publicar un comentario