miércoles, 6 de mayo de 2015

Este xoves o candidato de EU-Son estará no debate da Casa da Cultura

Este xoves, o noso candidato Juan Lamelas Alfonso estará presente na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rei para participar no debate organizado por Todogrove.es e a FECA. 

O acto, que será moderado polo xornalista Carlos Crespo, comezará ás 20.30 horas e no  mesmo participarán tamén José A. Cacabelos, do PSdeG-PSOE; Heladio Outeiro, do BNG-AA; e Aida Filgueira, de AMeca. Os candidatos do PP e PGD, Miguel A. Pérez e Alfredo Bea declinaron a invitación a última hora.



No hay comentarios:

Publicar un comentario