lunes, 11 de mayo de 2015

Lamelas responde ás preguntas de Todogrove: Centro de Día

O portal de noticias locais, Todogrove.es, realizou unha serie de preguntas aos candidatos á Alcaldía para coñecer a postura dos mesmos sobre diferentes materias. A primeira das preguntas é sobre o Centro de Día.

TDG.- O centro de día é unha das infraestruturas máis reclamadas pola veciñanza da vila. Contempla a súa formación esta actuación ou outras relacionadas co benestar, e en que condicións?

Xan Lamelas.- “Desde Esquerda unida vimos reclamando a necesidade da construción dun Centro de Día no Grove desde hai anos. Neste senso, demos o noso voto favorable ao crédito de 600.000 euros que a corporación municipal solicitou para tal fin, e que aínda están sen executar. Tamén propuxemos un Plan Especial de Infraestruturas para a construción dun Centro de Saúde e Centro de Día, para poñer a disposición da administración autonómica os terreos municipais para a construción destas dúas infraestruturas. Plan que foi botado abaixo polo actual goberno tripartito na súa primeira decisión política do mandato. En canto a outras medidas relacionadas co benestar e os servizos sociais, no noso programa incluímos unha ampla serie de medidas a este respecto, como a coordinación entre a área de acción social e as concellerías de educación, cultura, vivenda, urbanismo, emprego, consumo e facenda, con participación dos axentes sociais e asociacións; a creación dun Observatorio Municipal de Igualdade de Oportunidades; dotación de medios ao Servizo de Prevención de Violencia de Xénero: ou a recuperación do servizo de pediatría de garda no centro de saúde. Para nós as políticas sociais son fundamentais, e serán un eixo fundamental da nosa acción de goberno se os veciños e veciñas do Grove nos impoñen esta tarefa”.

ver toda a noticia

No hay comentarios:

Publicar un comentario