lunes, 11 de mayo de 2015

Lamelas responde ás preguntas de Todogrove: Infraestruturas deportivas

Na segunda pregunta, Todogrove.es quere coñecer a postura dos partidos políticos sobre as infraestruturas deportivas.


TDG.- As obras do novo pavillón de deportes levan un atraso máis que importante. Fálenos das medidas que tomaría a este respecto no caso de chegar ao goberno, así como doutros plans que poida ter en relación coas infraestruturas deportivas dunha vila cunha ampla canteira de deportistas vinculados ao fútbol, ao balonmán, ao baloncesto, ao remo, ao piragüismo, ou ao fútbol gaélico…

Xan Lamelas.- “O Grove conta cun gran número de deportistas en distintas disciplinas e gran número de equipos en todas as categorías, competindo e levando o nome da nosa vila por Galicia e España adiante. En materia deportiva se gobernamos revisaremos o regulamento do Consello Local do Deporte na procura dun modelo máis participativo, onde todas as entidades deportivas teñan voz e voto, e non só unhas poucas como sucede agora mesmo tras a modificación feita por Alfredo Bea. Tamén revisaremos o regulamento de uso das instalacións deportivas municipais, para que un maior número de veciños e veciñas poidan practicar deporte por libre sen a necesidade de estar nun club. Neste sentido tamén fomentaremos a práctica de modos de vida saudables coa práctica de actividades deportivas ao aire libre, apoio a carreiras populares, programacións deportivas nas escolas… Tamén estudaremos a viabilidade da construción do pavillón nas Bizocas, así como un cambio no modelo de explotación das salas polivalentes que se construirán no Monte da Vila para que sexan xestionadas polo Concello e non pola empresa privada, tal e como acaba de aprobar o goberno tripartito cun contrato de 20 anos de explotación privada nunhas condicións que nós consideramos que é regalarlle cartos públicos a algún amigo do señor Bea ou do señor Pérez”.

ver noticia completa

No hay comentarios:

Publicar un comentario