sábado, 16 de mayo de 2015

“O voto realmente útil no Grove é á candidatura de Esquerda Unida” vía Todogrove

“Non podemos permitir que o Partido Popular, o Partido Galeguista e Alternativa Meca, que presentaron un PXOM feito as costas dos veciños e en contra dos seus intereses, gobernen”. Afirmábao Xan Lamelas, candidato de Esquerda Unida á Alcaldía do Grove, no mitin central de campaña realizado por esta formación este venres á noite na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey. Arredor de setenta persoas se congregaron para escoitar as bases do completo programa de goberno co que a agrupación esquerdista concorre ás vindeiras eleccións municipais. Unha proposta realizada coas aportacións de veciños e colectivos que EU se compromete a poñer na práctica se chega ao goberno.

“Se algo temos que agradecerlle a este goberno é que foi quen de unir ao pobo do Grove en defensa dos seus intereses e de facer que os veciños se deran conta do poder que teñen nas súas mans”. Afirmábao Lamelas, que durante o seu discurso fixo un exercicio de historia para lembrar que Esquerda Unida leva a reclamar un PXOM para O Grove dende o ano 1979 (daquela a través do Partido Comunista). “E hai que lembrar que se agora nos presentaron este PXOM foi tamén porque sucesivos gobernos non cumpriron coa súa obriga de dotar a este pobo dun elemento necesario e básico para o seu desenvolvemento”, aseverou o número un da lista de EU. Lamelas compromete un plan xeral de ordenación urbanística elaborado sobre os eixos da información, a participación e a transparencia. “Hai que explicar aos veciños cal é a situación das súas propiedades e cales son as figuras urbanísticas que se lles poden aplicar”; e afrontar os traballos de redacción do plan da man dos interesados. “A confianza debe ser a base da política”, afirma o candidato de EU....


ver intervención de Xan Lamelas, candidato á Alcaldía do Grove; e de José Antonio Otero, número 2 da candidatura de EU-Son; no Mintin Central.

No hay comentarios:

Publicar un comentario